Éxito dos viños do Ribeiro en Cinve 2010

O Concurso Internacional de Viños e Espirituosos Cinve 2010, celebrado recentemente en Sevilla, fai público aos gañadores da presente edición, na que a D.O. Ribeiro posiciónase como o branco máis premiado cun total de 6 medallas de ouro e 5 de prata. Os premios Cinve, patrocinados pola Consejería de Agricultura y Pesca de la Junta de Andalucía e recoñecidos oficialmente polo Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Marino, distínguense doutras grandes citas internacionais pola composición do xurado integrado fundamentalmente por importadores, comercializadores, sumilleres, xornalistas especializados e líderes de opinión, dirixidos por un técnico enólogo.

Recibiron Medalla de Ouro os seguintes viños: Casanova 09 de Adega Pazo de Casanova, Colección Costeira Treixadura 09 de Vitivinícola do Ribeiro, Colección Costeira Treixadura Barrica 09 de Vitivinícola do Ribeiro, Sameirás 1040 2009 de Antonio Cajide Gulín, Terra do Castelo Treixadura 2009 de San Roque S.C.G. e Terra Minei 2009 de Francisco Fernández Sousa. Coa Medalla de Prata foron recoñecidos: Alberte 2009 de Bodegas Nairoa, Antonio Montero Autor 2009 de Antonio Montero Sobrino, Armán 2008 de Bodegas Casal de Armán, Casal de Armán 2009 de Bodegas Casal de Armán e Teira X 2009 de Manuel Formigo de la Fuente.