O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, asistiu á inauguración da exposición “Tempo de Aeroportos”, que organizan a Fundación AENA e a Fundación Caixa Galicia con motivo do 75 aniversario do aeroporto de Lavacolla. O director xeral asegurou que esta mostra “establece un magnífico diálogo entre unha escolma de obras de arte contemporánea e breves textos de prestixiosos escritores actuais referidos aos aeroportos, ó feito de voar e de viaxar”.
Para Francisco López, o aeroporto de Lavacolla “ten suposto dende a súa construción a mediados dos anos 30 un pulo esencial para o desenvolvemento e modernización de Galicia, e para unha cidade como Compostela, que é meta obrigada de viaxeiros dende hai un milenio, era fundamental ter unhas instalacións axeitadas para recibir a todos aqueles que veñen a visitar a nosa Catedral e o seu casco histórico, ou, simplemente para gozar de Galicia enteira”. Con esta mostra temos a oportunidade de ver obras de artistas da talla de Antoni Tapiès, Fernando Botero, Eduardo Úrculo, ou os galegos Antón Lamazares e Manolo Paz. Os textos que os acompañan levan a firma de nomes tan coñecidos como Manuel Rivas, Caballero Bonald, Rosa Regás ou Luis Mateo Díez.