O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) acollerá o próximo xoves 18 de novembro ás 20.00 horas a inauguración da exposición Transtempo, incluída no Camiño Contemporáneo da programación de Xacobeo 2010 e que está conformada por unha selección de imaxes da prestixiosa fotógrafa Cristina García Rodero.
As fotografías, tomadas desde o ano 1974 ata a actualidade, ofrecen por primeira vez de xeito estruturado, a súa persoal visión dunha Galicia intemporal, onde a relixión e os ritos pagáns se entrelazan nun relato que atravesa varias xeracións. A mostra Transtempo, comisariada por Miguel von Hafe e María José Villaluenga, estará aberta ao público ata o vindeiro 13 de febreiro.