Cúmprense dez anos dende a declaración da Muralla de Lugo como Patrimonio Mundial, unha data moi especial para a cidade, que está a celebrar durante todo este ano múltiples actividades culturais, deportivas, artísticas, sociais o medioambientais, a través da marca Lugo10. A empresa Larsa quixo sumarse a este programa distribuíndo envases conmemorativos (briks) nas súas tres variedades de leite, e que terán a imaxe da Muralla de Lugo e o logotipo da marca Lugo10.
Ademais, Larsa decorará a súa factoría de Lugo cunha lona na súa fachada principal coa mesma creatividade, así como Mupis, e varias campañas publicitarias en medios de comunicación como un spot televisivo ou a proxección da marca Lugo10 a través de prensa escrita.