A Xunta creará unha mesa de traballo co sector da depuración “para dar saída aos problemas deste colectivo dunha maneira máis áxil e eficaz”, segundo detallou a conselleira, Rosa Quintana. A mesa contará co representantes da Consellería do Mar, de AGADE e da Consellería de Sanidade.
A titular de Mar considera que este grupo de traballo será unha ferramenta clave para afrontar con eficacia os problemas deste colectivo e “constituír un sector forte, que é o obxectivo da Xunta”. Neste sentido, entende que a nova mesa de traballo suporá un contacto máis próximo co sector “que poderá comunicarnos en primeira persoa os problemas diarios cos que se atopa”.