Mar destinou máis de 21 millóns de euros ao sector da conserva

As axudas concedidas pola Consellería do Mar aos sectores da transformación e comercialización ao abeiro da convocatoria do ano 2009 suporían a creación de 220 novos postos de traballo, segundo informa Diario de Arousa. Así se recolle nun informe da propia Consellería que matiza que o 70% destes empregos irían destinados á poboación feminina.

Estas axudas superarían os 21 millóns de euros, sendo os beneficiarios, fundamentalmente, empresas de tamaño pequeno. As axudas destínanse a proxectos de modernización da maquinaria e instalacións, a implantación de novas liñas, mellora do proceso produtivo ou minimización do consumo enerxético.