S.M. Don Juan Carlos de Borbón designou ao presidente da Xunta para actuar como delegado rexio na Misa Solemne da Ofrenda Nacional de Traslación dos Restos do Apóstolo Santiago, que terá lugar na Catedral de Santiago. A cerimonia da Traslación celébrase o 30 de decembro de cada ano en recordo do lexendario traslado dos restos do Apóstolo Santiago dende o porto de Jaffa (Xerusalén) ata as costas galegas, onde foron desembarcados no peirao de Iria Flavia (Padrón).
Alberto Núñez Feijóo xa foi delegado rexio o ano pasado, sucedendo á ex-presidenta do Parlamento, Dolores Villarino, que actuou de oferente na Traslación de 2008. O presidente da Xunta será tamén o delegado rexio no acto de Peche da Porta Santa, co que se clausurará o Ano Xubilar Compostelán 2010. Terá lugar o venres 31 de decembro ás 16.30 horas.