O CSHG inica hoxe o curso de Gran Diploma de Xestión de Empresas Hostaleiras

O curso académico do Gran Diploma de Xestión e Dirección de Empresas Hostaleiras do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG), dependente da Secretaría Xeral para o Turismo comezará mañá día 2 de novembro. Nesta data deberán incorporarse ao centro os alumnos de cuarto curso, mentres que os de quinto o farán unha semana despois, o día 8.

En total, este ano matriculáronse 110 alumnos en Gran Diploma cuxo período académico de formación no CSHG rematará no mes de maio de 2011. Posteriormente, os estudantes realizarán prácticas durante 20 semanas en diferentes establecementos hoteleiros de toda España e outros países.

Os alumnos de cuarto curso deberán persoarse na Recepción do Edificio de Teoría do Centro o 2 de novembro ás 8,15 horas. Nese momento se lles pasará o horario da xornada e se lles asignará o grupo. As clases comezarán ás 8,45 horas e continuarán durante tres horas. Ás 12,00 horas está previsto que a directora do CSHG, Patricia Cuevas, lles dea a benvida na aula de conferencias.