Un total de 2.153 persoas participaron na edición de 2010 da “Cata entre Amigos” que organiza a adega Viña Costeira. A gran final, celebrada esta fin de semana, proclamou como vencedor ao equipo de Pontevedra, composto por Jaime Dapena, Francisco Santalices e Joaquín Vázquez (José Lema, Félix Ferreño e Peregrino Vázquez foron os suplentes). “Servando’s Wine Coupage” obtivo 46 puntos fronte aos 38 do segundo clasificado, o equipo de Ourense. En terceira posición situouse o equipo de Málaga.
En total, participaron 287 equipos, todos co respaldo dalgún establecemento hostaleiro. O premio é unha viaxe de enoturismo de luxo, con visita a tres zonas vitivinícolas de prestixio relacionadas co Camiño de Santiago: Burdeos, Rioja e Ribeiro.