Unha delegación do Goberno local grovense viaxou á cidade portuguesa de Braga para presentar as Xornadas da Centola, que se desenvolven este mes no concello meco. O alcalde e o concelleiro de Turismo explicaron ao público asistente ao acto a importancia que ten este marisco na economía local e que se ten convertido en auténtico emblema de O Grove. O acto pechouse cunha degustación.
Por outra banda, a Confraría instalou nas súas dependencias unha maqueta interactiva co fin de facilitar aos visitantes información sobre as actividades de turismo mariñeiro que se levan a cabo dentro do proxecto Pescanatur.