O Parlamento aproba unha iniciativa do PPdeG para que o termalismo se inclúa na sanidade pública galega
O pleno do Parlamento aprobou a iniciativa do PPdeG na que insta á Xunta de Galicia a levar a cabo os traballos que resulten pertinentes para a inclusión, na carteira de servizos complementaria do sistema público de saúde de Galicia, de técnicas de hidroloxía médica ou termalismo. Esta financiación pública estaría destinada a persoas con patoloxías nas que a terapia termal estea prescrita polo facultativo especialista e sexa unha alternativa terapéutica que teña como obxectivos a mellora da calidade de vida, a redución do consumo de fármacos e a obtención dos resultados médicos similares aos conseguidos con estes.
Se Galicia leva a cura termal á sanidade pública sería pioneira en España, xa que non existe en ningunha outra Comunidade que o faga. Esta é, ademais, unha das principais reivindicacións do sector termal galego.