O porco celta viaxa a Xapón

O porco celta é unha das razas autóctonas galegas que máis está medrando nos últimos tempos. Proba diso é que en breve estará presente nos restaurantes xaponeses da man dun grupo de empresarios nipóns que pretende importar uns 500 kilos ao mes. Segundo explica a asociación de criadores, Asoporcel, o acordo fraguouse grazas a unha visita organizada polo Igape que permitiu que os importadores xaponeses coñeceran aquí esta carne.

Esta entrada nos mercados internacionais, aclara a asociación, non provocará o desabastecemento interno.