“Hamonías do Ribeiro coas Cociñas do Mundo” así encabeza o Consello Regulador a súa propuesta para este encontro gastronómico Lo Mejor de la Gastronomía, no que se harmonizan máis de cincuenta referencias de viños de Ribeiro con pratos representativos da cociña atlántica, alicantina e xaponesa. Deste xeito, desde o pasado sábado ata a conclusión desta xornada, a Aula de Cata do Ribeiro ofrece a posibilidade de coñecer os viños da rexión en catas guiadas polol director técnico do C.R.D.O. Ribeiro, Pablo Vidal.
Salazóns, embutidos e arroces alicantinos; nigiri, maki ou shiitake xaponés, e unha innovadora gama de produtos do mar da firma galega Porto-Muiños, están demostrando aos participantes na aula, a aptitude dos viños de Ribeiro como acompañantes de todo tipo de pratos, grazas á amplitude de perfis que ofrecen os viños da nosa D.O.
Por outra banda, hoxe arranca en Sevilla o Concurso Internacional de Vinos y Espumosos CINVE 2010. O C.R.D.O. Ribeiro participa neste certame con 12 marcas e ademais dispón dunha “tasting table” no espazo expositivo paralelo ás catas habilitado pola organización do concurso.