Un total de 313 establecementos rurais de Galicia están adheridos xa á Central de reservas on-line do Turismo Rural de Galicia, xestionada por Turgalicia, desde que se puxese en marcha o pasado mes de abril. Este dato supón máis do 53 por cento de casas rurais galegas. A nova central, que pasou do anterior sistema de reserva telefónica ao on-line, está a disposición de múltiples usuarios, en calquera parte do mundo, tanto por parte do cliente final como por parte das axencias.
A nova central de reservas funciona como multipasarela de pagos, en contraposición coa antiga, que carecía deste sistema. O software actual permite tamén a posibilidade de confeccionar paquetes turísticos e comercializalos a través da plataforma, así como a posibilidade de realizar vendas cruzadas doutros servizos turísticos que sexan de interese para o turista que realiza a reserva nalgún dos aloxamentos rurais dispoñibles.