Os cociñeiros noveis galegos teñen unha cita en febreiro coa celebración da undécima edición do Campionato Galego de Cociñeiros Profesionais, que organiza Grupo HG&T. A proba terá lugar no complexo Illas Gabeiras, de Ferrol, o día 8, co patrocinio do Concello de Ferrol e da Deputación de A Coruña.
En torno a dez cociñeiros terán a oportunidade de medirse na elaboración de dous pratos. Un deles deberá ter como base o rodaballo, cedido por Pescafresca (Pescanova), e o outro, a presa de porco celta, cedida por Asoporcel-Inorde. Esta proba será clasificatoria para o Campionato de España, que se celebrará en Madrid, e que dará opción ao gañador a acudir ao Bocuse d’Or. Os interesados en participar poden inscribirse ata o 16 de decembro.
O luns abrirase o prazo de inscrición. Os interesados poderán descargar o formulario directamente das webs www.hggtonline.com e www.grupohgt.com.