Ourense acollerá este venres un coloquio internacional sobre os distintos Camiños de Santiago e a súa iconografía. O encontro, ao que acodirán expertos de diferentes países, celebrarase no Centro Cultural da Deputación de Ourense baixo o título “Loci Iacobi, Lugares de Santiago. Camiños de Peregrinación a Santiago”.
O coloquio será inaugurado ás 10,00 horas polo conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela. A ponencia de apertura correrá a cargo do presidente do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago, Paolo Caucci von Saucken, quen falará da dimensión europea da Ruta Xacobea. Ademais, organizarase unha mesa redonda sobre iconografía e culto dos santos peregrinos e guerreiros nos Camiños de Santiago que contará coa participación de expertos como Geraldine Dabrigeon, conservadora do Patrimonio do País da Arte e da Historia da Communauté d’Agglomeration de Le-Puy-en-Vélay en Francia; do director do Museo das Peregrinacións de Santiago, Bieito Pérez Outeiriño, e mais do direcor do Departamento de Patrimonio Histórico e Artístico da Diocese de Beja en Portugal, José Antonio Falçao.
Todas aquelas persoas que desexen participar poden inscribirse contactando no número de teléfono 881 99 70 21, da Secretaría Xeral para o Turismo.