A Consellería de Cultura e Turismo informou hoxe ao Consello da Xunta do acordo de declaración de emerxencia das obras nas torres e cubertas do contorno do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago para eliminar as humidades que poñen en perigo a integridade da arquitectura e do grupo escultórico policromado. Deste xeito, a Consellería de Cultura e Turismo, a través da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, investirá uns 285.000 euros para a realización destas actuacións neste ben senlleiro integrante do patrimonio mundial.
O Programa Catedral de Santiago desenvólvese na actualidade ao abeiro do convenio asinado en abril de 2010 pola Xunta de Galicia, o Ministerio de Cultura, o Arcebispado de Santiago de Compostela, o Cabido da Catedral de Santiago e a Fundación Pedro Barrié de la Maza. En virtude deste convenio emitiuse a Resolución do 10 de marzo de 2010 que orienta os traballos e estudos para a elaboración do Plan de Conservación Preventiva do Pórtico da Gloria e Proposta de Intervención nel.
Segundo o informe presentado pola codirección técnica da restauración do Pórtico da Gloria, tras comezar a primeira fase do Programa Catedral, comprobouse que hai unha situación de risco que debe corrixirse de forma inmediata para evitar que supoña un dano irreversible sobre a policromía do Pórtico da Gloria e a integridade física do conxunto escultórico. Os estudos certifican que esta actuación é imprescindible e prioritaria realizala antes da chegada do previsible novo período de choivas e aumento da humidade.
Este proxecto de emerxencia ten como ámbito de actuación as cubertas do contorno do Pórtico da Gloria, contorno composto polas dúas torres románicas e barrocas, as cubertas pétreas que as unen coas fachadas e a cuberta da tribuna, os primeiros tramos da cuberta pétrea da nave maior cos canlóns e os encontros entre sistemas construtivos que delimitan este perímetros. A solución proposta pon especial coidado na recuperación da lectura histórica das fábricas barroca e románica, e en especial de elementos significativos desta última e imprescindibles na concepción arquitectónica do espazo do Pórtico, como os rosetóns que iluminan o espazo da tribuna. Ao tratarse dunha actuación de conservación, a preservación do valor histórico prevalecerá sobre os aspectos arquitectónicos e artísticos. A intervención deseñada é reversible e persegue o mantemento doado das impermeabilizacións e das canles de evacuación da auga pluvial.
Estas actuacións súmanse aos traballos que a Consellería de Cultura e Turismo acometerá na fachada da Acibecharía e na Torre do Reloxo por un importe de 670.906 euros. Do mesmo xeito, a Xunta de Galicia sufragou con motivo da visita do Papa e cunha dotación de 60.000 euros a restauración das bóvedas da nave central e o transepto da Catedral, actuacións xa rematadas. En total, a Consellería de Cultura e Turismo destinará no bienio 2010-2011 máis de 1 millón de euros (1.015.160 euros) a obras de conservación e restauración da Catedral de Santiago.