Ribeira Sacra celebra a comida de Nadal o 10 de decembro

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra celebrará o vindeiro 10 de decembro a súa tradicional comida de Nadal. Celebrarase no Parador de Monforte de Lemos e servirá para facer balance do ano que está a piques de rematar.