O Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) organiza a segunda edición de ‘Tertulias do chef’, unhas xornadas de gastronomía abertas a todas as persoas interesadas en profundizar máis na cociña española. As xornadas celebraranse mensualmente ata maio, en horario de 18.30 horas a 23.30 horas. Todas as sesións discorrerán da seguinte forma: unha breve exposición teórica, a clase práctica, a elaboración do menú da cea, e a degustación da cea elaborada polos participantes.
O 17 de decembro terá lugar a tertulia titulada ‘Cociña de Nadal para disfrutar (todos sentados)’. Trátase dun menú sinxelo propio destas festas, deseñado para ser preparado con antelación aos festexos. O 19 de xaneiro a tertulia será ‘Cociña Low Cost’, alta gastronomía asequible para todos os petos, coincidindo coa coñecida “costa de xaneiro”.