A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral para o Turismo, continúa a súa aposta polo turismo experiencial co paquete ‘Vive Galicia’, presentado o pasado mes de xullo. O programa desenvolverase a través dunhas xornadas de experiencias de todas as axencias galegas participantes e celebraranse do 22 ao 26 de novembro en cinco cidades galegas: Vigo, Ourense, A Coruña, Lugo e Santiago. Todos os actos terán lugar de 11 a 13 horas da mañá e poderán sumarse todas as axencias galegas que o desexen.
O obxectivo deste programa é o de difundir en toda España a oferta de receptivo turístico a través de 71 paquetes de turismo experiencial, agrupados en doce tipoloxías diferentes, que van dende o turismo rural,o gastronómico, o multiaventura ou os Camiños de Santiago, entre outros.
O programa enmárcase dentro do chamado ‘Vende Galicia’, que busca incentivar a comercialización do destino Galicia a través das axencias de viaxe galegas retallistas. Ademais pretende mellorar os servizos turísticos en destino e diversificar a oferta turística da comunidade, e impulsar outra faceta de negocio das axencias galegas.