O Partido Popular de Santiago fixo público un estudo realizado en 1996 sobre a conexión ferroviaria entre Santiago e o aeroporto de Lavacolla, que conclúe que esta liña é viable. Os populares consideran que esta infraestrutura é imprescindible para o despegue definitivo do aeroporto. O traballo incluso recolle posibles itinerarios para o tren, un a través de San Marcos e outro a través da parroquia de Lavacolla. O voceiro popular compostelán, Gerardo Conde Roa, anunciou que o seu grupo presentará unha enmenda aos presupostos da Xunta para que se inclúa unha partida de 150.000 euros destinada a financiar a actualización do estudo.
Por outra banda, hostaleiros, comerciantes e axencias de viaxes compostelanas reclaman que rematen os enfrontamentos localistas en torno aos aeroportos e se distribúan as axudas en función da rendibilidade das rutas. Así o deixaron claro nun debate organizado por El Correo Gallego, no que o hostaleiro José Antonio Liñares incidiu en que é importante subvencionar ás compañías de baixo custo porque contribúen a traer turistas á cidade, uns turistas cun nivel de gasto “importante”, matizou.