Visitas á páxina de Turismo Rías Baixas

A páxina web www.riasbaixas.org rexistra anualmente 600.000 visitas. No que vai de ano lévanse rexistradas 310.688 visitas de internautas que consultaron un total de 1.753.341 páxinas sobre os diferentes lugares que se poden visitar na provincia. Os lugares máis visitados son as Illas Cíes, Bueu, Cambados, Tui, Baiona, Arbo; e por suposto tamén Vigo e Pontevedra.

Os países que máis visitaron a páxina de Turismo Rías Baixas son: España, Portugal, Reino Unido, Estados Unidos, Francia, Alemaña, Arxentina Suíza, Italia e Dinamarca, Bélxica, México e Brasil, entre outros países.
De España, as persoas que consultaron a web procedían principalmente de: Madrid, Barcelona, Valencia, Bilbao, Oviedo e Sevilla.