Xacobeo 2010 patrocina as xornadas “Espiritulidade e Sustentabilidade”, que se celebran ata o domingo en A Coruña. Este congreso, que forma parte do Camiño da Reflexión da programación deseñada para este Ano Santo, ten como obxectivo facer reflexionar sobre os cambios que están tendo lugar na sociedade actual. Asemade, e desde o enfoque da espiritualidade non dogmática, pretende contribuír ao debate sobre a relación entre a xestión do equilibrio espiritual e a sustentabilidade.
A organización deste encontro deseñouse coa arela de asegurar a máxima sustentabilidade do evento, a través dunha produción e unha comunicación responsables. Asegúrase a xestión sustentable dos recursos e un proceso de ciclo pechado para todos os produtos empregados. Intervirán escritores, filósofos, xornalistas e naturalistas, entre outros.