A Denominación de Orixe Ribeira Sacra pecha un ano excelente, segundo o seu presidente, Xosé Manuel Rodríguez. Como ocorrera o ano anterior, vendeuse toda a colleita. Ademais, a campaña de vendima superou as expectativas e roldáronse os 6.000.000 de quilos de uva de gran calidade. Por outra banda, os resultados en concursos e certames foron especialmente satisfactorios para a Denominación, nomeadamente os colleitados no Certame Internacional de Viños de Montaña de Aosta e a Cata dos Viños de Galicia.
En palabras de Rodríguez, “o 2010 foi de asentamento no mercado, nun ano no que o sector está mal, o mundo do viño vive unha crise moi importante cunha baixada galopante no consumo e nesta tesitura a D.O. Ribeira Sacra non só se mantén, senón que ademais medra. Este é o gran logro da D.O. no seu conxunto”.