Máis de 1.000 nenos galegos de entre 8 e 11 anos participaron da campaña “Ponlle as pilas ao teu bocata”, organizada pola Consellería do Mar en colaboración coas consellerías de Educación e Sanidade. A campaña achegou aos pequenos, dun xeito divertido, bocadillos elaborados con conservas de mexillón, atún e sardiñas.
O obxectivo desta iniciativa, que a Xunta pretende repetir no 2011, era fomentar o consumo de conservas entre os alumnos de educación primaria e transmitirlles a importancia das conservas de peixe e moluscos na dieta, en relación coas súas achegas nutritivas. En definitiva, substituír os tradicionais bocadillos de embutidos ou chocolate por outros máis nutritivos.
A Consellería do Mar destinou 55.000 euros á realización desta campaña que se desenvolveu no primeiro trimestre escolar en 20 centros públicos de toda Galicia.