A Cidade da Cultura de Galicia avanza a súa programación para 2011 co ciclo Galicia, ceo das letras, doce sábados de autor adicados a homenaxear a grandes figuras da literatura galega e universal a través dunha serie de actividades literarias mesturadas con representacións artísticas.
Dende o sábado 15 de xaneiro ata o sábado 25 de xuño pasaran pola Cidade da Cultura creadores e persoeiros tan relevantes como María Kodama, viúva de Jorge Luis Borges; o actor José Luis Gómez, Premio Nacional de Teatro e que traballou con directores como Pedro Almodovar ou Milos Forman; a cantante Dulce Pontes; o compositor de música contemporánea e Premio Nacional de Música, Mauricio Sotelo; a compañía teatral Casa Hamlet; ou o pianista Nacho Muñoz, entre outros.
Este ciclo, que está organizado en colaboración con boa parte das grandes institucións culturais galegas, preséntase como un diálogo entre a literatura e as outras artes. Cada unha das doce sesións estará adicada a un escritor, onde haberá unha charla inicial impartida por un experto de referencia, posteriormente desenvolverase unha actuación artística ligada ao espírito do autor homenaxeado e finalmente servirase un aperitivo.
As representacións artísticas, que servirán de apoio para apreciar mellor a excelencia de grandes figuras da literatura galega e universal, van dende montaxes teatrais, espectáculos musicais, producións cinematográficas ou proxección de documentais.