A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra aprobou o reparto das axudas que con un importe total de 166.459,59 euros irán dirixidas á adquisición de semente para a rexeneración dos bancos marisqueiros da provincia. Deste orzamento global, as confrarías de Vilaboa, Vigo, Redondela, Soutomaior Cangas e Moaña recibirán colaboracións económicas por importe de 41.878 euros, das que serán beneficiarias preto de 500 familias.
As entidades que recibirán esta colaboración son a Confraría de Pescadores San Juan de Redondela (173 beneficiarios); a Confraría San Martín de Moaña (112 beneficiarios); a Confraría de Pescadores San Cipriano de Aldán-Hío (9 beneficiarios); a Confraría de Pescadores Virxe do Carme de Soutomaior (113 beneficiarios); a Confraría de Pescadores San Francisco de Vigo (8 beneficiarios); e finalmente a Asociación Profesional de Mariscadores Pedra da Oliveira de Vilaboa (63 beneficiarios).