A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, asinou en Madrid o Plan de Competitividade ‘Portas de Galicia’, xunto ao secretario xeral de Turismo e Comercio Interior, Joan Mesquida, por un valor de 2,5 millóns de euros. O plan ten por obxectivo o desenvolvemento turístico dos doce concellos pertencentes ás comarcas ourensanas de Monterrei-Verín e Viana do Bolo-Conso Frieiras. Preténdese crear unha marca turística sólida xeradora de experiencias e cohesionadora do destino nesa área xeográfica galega, porta de entrada natural a Galicia dende a Meseta castelá, ademais de ser fronteira con Portugal.
Castrelo de Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín, Vilardevós, A Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso son os doce concellos que se beneficiarán do Plan, que se enmarca dentro das políticas turísticas deseñadas polo Plan do Turismo Español Horizonte 2020 e que ten unha vixencia de catro anos de duración. Para lograr unha boa execución do Plan de Competitividade crearase unha Comisión de Seguimento sen personalidade xurídica, que será a encargada de funcións como a eliminación ou aprobación de novas actuacións, programación, resolución de problemas de interpretación do convenio ou autorizar e supervisar o labor da xerencia, dedicada a impulsar, difundir, coordinar e efectuar propostas sobre as actuacións do Plan e solicitar a documentación para a xustificación das actuacións.