A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, inaugurou en Santiago o foro Intelitur Galicia 2010, do Centro de Coñecemento Intelixencia e Innovación Turística, dirixido por Antoni Costa, e organizado polas Cámaras de Comercio Galegas e o Consello Superior de Cámaras de Comercio. A secretaria xeral afirmou que “os piares fundamentais para fortalecer a competitividade do sector turístico son apostar pola innovación e a xeración do coñecemento”. Neste sentido, dixo que a creación de Intelitur é “unha necesidade real, en tanto en canto nace para integrar e ser referente do ecosistema turístico”.
A responsable de Turismo indicou que, nesa mesma liña, é na que está traballando a Administración autonómica, e enumerou as distintas áreas de traballo ligadas á innovación que se están acomentendo dende o punto de vista turístico. “Introducimos calidades novas aos nosos produtos turísticos con ofertas mixtas e diferenciadas, grazas ás posibilidades que posúe Galicia como multidestino”, sinalou.