O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, reuniuse cunha representación da Plataforma veciñal contraria á conversión do Sanatorio da Lanzada (centro vacacional e escola de hostalería) nunha Pousada. Tras varias horas de negociacións chegouse a un acordo no que se recolle que o futuro centro hostaleiro estará baixo xestión da Deputación, é dicir, pública e que compatibilizará os seus usos cos dunha escola regulada de Hostalería e Turismo.
Tamén se acordou que se seguirán celebrando nas instalacións da Lanzada os campamentos de verán para nenos que tanto éxito teñen colleitado.
Tamén se acordou que se seguirán celebrando nas instalacións da Lanzada os campamentos de verán para nenos que tanto éxito teñen colleitado.