Galicia acadou este ano o récord histórico de establecementos con certificación Q de Calidade Turística, con 70 novos establecementos turísticos que acadaron o citado distintivo. En total Galicia conta xa con 191 establecementos distinguidos coa certificación Q de Calidade Turística. En xaneiro deste ano eran 152 as entidades certificadas coa Q de Calidade Turística, e remata, a poucos días do peche da Porta Santa, con 191”. En total recibiron o selo de calidade 39 entidades máis que no 2009, 70 recibiron a certificación por primeira vez e 33 renovárona este ano.
Esta comunidade autónoma segue sendo pioneira no segmento rural, cun 15,5% do total de establecementos certificados; tamén no sector termal, cunha porcentaxe que supón o 16,6%. No sector hoteleiro e das axencias ocupa o cuarto posto; neste último é comunidade autónoma con maior número de axencias coa marca Q certificadas baixo a fórmula multi-site, aquela que se aplica a grandes colectivos”. En canto aos pazos de congresos, dous dos tres existentes –Palexco e Palacio da Ópera- posuen a Q, segundo dixo a secretaria xeral de Turismo.