Galicia pasa con nota o examen turístico

Galicia duplicou entre xaneiro e novembro de 2010 o incremento interanual rexistrado nese mesmo período no volume de viaxeiros aloxados en establecementos hoteleiros a nivel nacional, segundo se desprende dos datos oficiais do Instituto Nacional de Estadística (INE). A comunidade galega contabilizou no período xaneiro-novembro deste ano un incremento do 12,1% no volume de viaxeiros aloxados en establecementos hoteleiros con respecto ao mesmo período do ano pasado, mentres que a media nacional foi do 6,5%.

O incremento tamén se rexistrou nas pernoitas, que aumentaron un 10,3% neses once meses do ano respecto ao mesmo período do ano 2009. Pola contra, a media nacional situouse nun 6,6%.