A Consellería do Mar impulsa o mexillón de Galicia no mes de decembro a través de dúas campañas promocionais e dunhas xornadas gastronómicas que poñen en valor o produto. O obxectivo é facer do mexillón galego un alimento atractivo de cara ao Nadal. Por unha banda, desenvólvese unha campaña promocional en máis de 500 puntos de venta de cidades de toda Galicia empregando os eslogans “Unha fonte de pracer” e “Hoxe pide Mexillón de Galicia”.
Por outra banda, Mar desenvolve, en colaboración con Cehosga, unas xornadas gastronómicas nas que participan 88 empresas de restauración, que inclúen nos seus menús un mínimo de dúas referencias que teñen como principal ingrediente o mexillón galego.