O Parador de Monforte quixo sumarse tamén aos actos conmemorativos do cuarto centenario do nomeamento do sétimo conde de Lemos como virrey de Nápoles e que mellor forma de facelo que mediante a gastronomía. Así, quen estes días se achegue a este establecemento poderá gozar de menús inspirados nos banquetes que se celebraban no século XVII.
A iniciativa –como recolle El Correo- leva por título “A cociña na época dos condes de Lemos” e está inspirada na documentación que se conserva sobre os banquetes organizados en Monforte por Pedro Fernández de Castro. Entre os pratos que se inclúen no menú atópanse a anguía asada, o guiso de lebre con garabanzos ou as quesadiñas de mazapán.