A concelleira de Promoción Económica e Innovación de Vilagarcía, Rosa Abuín, insta aos hostaleiros do municipio que tramiten canto antes os proxectos de adecuación das súas terrazas a nova ordenanza municipal. A edil advirte que deben presentar con antelación os proxectos individuais no Concello de xeito que as instalacións poidan ser autorizadas con tempo suficiente para non interferir na campaña de Semana Santa, na que o sector soe activarse co incremento da actividade turística.
Rosa Abuín recomenda aos hostaleiros que non deixen pasar o tempo xa que a tramitación dos proxectos de cara a conseguir a autorización das terrazas leva o seu tempo, xa que será preciso avaliar se as iniciativas cumpren cos requisitos estéticos, de medidas e de criterios de mobilidade e accesibilidade previstos na ordenanza. Actuando cona previsión suficiente, os hostaleiros terán todo a punto para poder instalar as terrazas no espazo público coa chega do bo tempo e así, non perder días de negocio.