O recinto feiral de Expourense acollerá, do 2 ao 6 de febreiro próximos, unha nova edición de Xantar, un dos eventos máis importantes de cantos se celebran na capital das Burgas. Nesta ocasión, segundo recolle La Región, o Entroido e as festas de interese turístico serán os protagonistas da convocatoria. Tamén se continuará promovendo a dieta atlántica e se seguirá incidindo na importancia da calidade do servizo e da atención ao cliente.
Os 19 restaurantes que participarán en Xantar amosarán o máis representativo da cociña galega pero tamén da chegada dende Portugal e dende outras comunidades autónomas españolas, como Asturias ou Extremadura. O programa da feira complétase cunha aula gastronómica, con catas comentadas e co Encontro de Confrarías Enogastronómicas de España e Portugal, entre outras actividades.