O artista alemán Sebastian Büsching é o gañador do 9º Concurso Internacional Francisco Mantecón, convocado por Bodegas Terras Gauda en colaboración coa Autoridade Portuaria de Vigo. O gañador recibe 10.000 euros en metálico como premio e o seu cartel será a imaxe da adega no próximo ano.
O 1º accésit foi para a deseñadora italiana Rafaella Troieiro; o 2º accésit, para a portuguesa Diana Celeste Santos e a Mención Especial, para o estudo Inikernet Solutions, de Donosti. En total, recibíronse 1.654 obras de artistas procedentes de 58 países de todo o mundo. De España presentáronse 745 obras.
Na proclamación dos vencedores, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou a arte “aberta, tenaz e dialogante” do artista vigués, cualidades que, segundo Feijóo, souberon recoller os artistas galardoados. A obra gañadora transforma a figura dunha botella de Terras Gauda na dun mariñeiro, cun claro predominio da cor azul.