A Consellería do Medio Rural dará a coñecer este luns, 20 de decembro, as queixerías e as empresas envasadoras de mel premiadas na XIII Cata dos Queixos de Galicia e na IX Cata dos Meles de Galicia, nun acto que se celebra no Complexo “La Cabaña” de Palas de Rei, presidido por Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez Casado.
Ao acto de entrega de premios tamén confirmaron a súa asistencia máis dun cento de queixeiros e envasadores de mel que participaron coas súas mostras nos dous concursos; así como catadores, responsables de consellos reguladores galegos, xornalistas especializados e representantes do sector agroalimentario galego en xeral.
No acto vanse conceder un total de 14 distincións, 6 de ouro, 4 de prata e 4 de bronce que recoñecen os mellores queixos e meles galegos de 2010. Na XIII Cata dos Queixos de Galicia premíanse as mellores mostras nas D.O.P. Queixo Tetilla, Arzúa‐Ulloa, San Simón da Costa e Cebreiro; mentres que na IX Cata dos Meles de Galicia a organización distingue os mellores meles multiflorais e monoflorais.