Plan de desestacionalización turística

A Consellería de Cultura e Turismo, a través de Turgalicia, dependente da Secretaría Xeral para o Turismo, vén de completar a posta en marcha do plan de desestacionalización turística, que abrangue ás catro provincias galegas, por un valor de máis de 375.500 euros.

Os acordos asinados entre Turgalicia e os Padroados provinciais de Turismo no caso de Pontevedra, Ourense e Lugo, e no caso concreto da provincia da Coruña, que non posúe Padroado provincial, coas propias asociacións do sector (Asociación Provincial de Empresarios da Restauración e Hospedaxe de Santiago de Compostela, a Asociación de Empresarios de Hostalería de Ferrol e Comarcas e a Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de A Coruña), teñen como obxectivo principal seguir mantendo o fluxo de visitantes nas catro provincias da comunidade galega nas tempadas de menor demanda turística.

Con el, preténdese ademais implicar ao conxunto do sector turístico, dende os máis variados segmentos.