Portos de Galicia prevé rematar este ano 2010 cun aumento superior ao 65 % no tráfico de mercadorías, con mais de 1,7 millóns de toneladas nos portos comerciais galegos. Foi o que se desprendeu do último Consello de Administración de Portos do ano, celebrado esta semana en Santiago, no que se destacou o movemento de ferroaleacións no porto de Brens e a recuperación e aumento do tráfico de pasta de papel a través do porto de Ribadeo, así como o mantemento dos tráficos de pesca de túnidos conxelados nos portos de A Pobra e Ribeira.
En canto á pesca fresca descargada, o seu valor en primeira venda aumentou nun 9,21 por cento acadando un total de máis de 225 millóns de euros.
O ente público rexistra un aumento arredor do 1,6 % nos seus ingresos por taxas portuarias incluso despois da importante rebaixa efectuada na contía das mesmas levada a cabo neste ano. As previsións deste exercizo avalan a política portuaria de Portos de baixada das taxas, coa redución dos impostos, que se traduce nun aumento importante da actividade portuaria, como un “efecto rebote”, segundo informou o presidente de Portos de Galicia durante o Consello de Adminsitración.