O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, inaugurou este mércores o albergue de peregrinos do concello pontevedrés de Valga, un inmoble situado no Camiño Portugués que ofrecerá 80 novas prazas. O acto serviu ademais para dar a coñecer a “Escultura ao Peregrino”, realizada en bronce polo escultor padronés Camilo Seira.
A construción do albergue, situado no lugar do Pino, na parroquia de Setecoros, realizouse grazas a un convenio firmado entre o Concello de Valga e a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo. En total, o novo inmoble conta con corenta liteiras que poden dar aloxamento a 80 persoas e está perfectamente adaptado para o acceso e utilización po parte de persoas con discapacidade. O albergue conta con múltiples servizos entre os que destaca unha sala de curas, un comedor con cociña para os peregrinos, vestiarios, duchas e unha recepción.