O tenente de alcalde e concelleiro de Turismo de Vigo acaba de anunciar a posta en marcha dunha nova campaña de promoción turística de Vigo en colaboración coa Asociación de Hostaleiros. O obxectivo desta nova iniciativa é o incremento de visitantes de Portugal de cara a fin de ano para que os hoteis aumenten nestas datas a súa ocupación.
Esta campaña xurdiu na última xuntaza con Ahosvi, coa que a Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Turismo colabora estreitamente nas distintas campañas promocionais como na creación do Vigo Convention Bureau. Esta campaña abrangue cidades como Porto, Viana ou Braga. Os portugueses que visiten Vigo atraídos por esta iniciativa beneficiaranse de peaxes gratuitos de ida e volta.