Chega o Nadal e é tempo de saborear un bo capón. En Vilalba xa teñen todo preparado para a Feira, que terá lugar este domingo, e na que se porán á venda uns 1.200 exemplares. Os capóns corresponden a 60 criadores e terán un peso de entre os 4,5 e os 6 kilos. Os prezos oscilarán entre os 80 e os 100 euros a unidade.
A carpa abrirá as súas portas ás 10.00 horas e unha hora despois, o chef compostelano Marcelo Tejedor realizará unha demostración culinaria para dar a coñecer as infinitas posibilidades que brinda o capón. A degustación gratuita terá lugar en torno ás 13.00 horas.