O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, reuníronse en París co ministro francés de Asuntos Europeos e alcalde de Le Puy-en-Vélay, Laurent Wauquiez, para avanzar nun acordo internacional de promoción turística do Camiño de Santiago. Os dous enclaves –Galicia e Le Puy- son, cada unha no seu país, os líderes da oferta turística ligada ao Camiño de Santiago: na parte francesa, Le Puy-en-Vélay é o punto de partida máis utilizado polos peregrinos e camiñantes, e Galicia é -tendo en conta que acolleu máis 270.000 peregrinos no pasado ano 2010- a comunidade máis activa en canto á promoción e á organización da oferta turística arredor do Camiño de Santiago.
Os representantes da cidade de Le-Puy-en-Vélay e o goberno de Galicia acordaron traballar xuntos para crear unha rede de colectividades territoriais europeas atravesadas polo Camiño de Santiago, co fin de manter unha política turística común e de organizar unha oferta coherente dende un punto a outro do Camiño.