A Consellería de Economía e Industria continúa co seu impulso á introdución do produto artesán galego en diferentes mercados, a través da presenza da marca Artesanía de Galicia en feiras internacionais de recoñecido prestixio e mais do apoio a diferentes iniciativas de internacionalización e promoción da artesanía impulsadas dende o propio sector. Froito deste traballo, a directora xeral de Comercio, Nava Castro, mantivo un encontro co secretario de Estado de Comercio, Artesanía e Turismo do Goberno de Francia, Frederic Lefebure, para estudar distintas accións conxuntas tendentes a promocionar e revalorizar a artesanía galega e a marca Galicia Calidade no país veciño.
O encontro levouse a cabo despois da sinatura da Carta Internacional da Artesanía, un acordo de promoción conxunta do sector artesán europeo que foi asinada en París polas principais asociacións de artesáns de España, Francia e Italia.
A Consellería de Economía e Industria está a apostar pola marca Artesanía de Galicia e polo impulso á comercialización a través do apoio a diferentes feiras de venda directa e á participación institucional en encontros internacionais, como é o caso de Maison & Object, unha das feiras profesionais máis relevantes de Europa, que se celebra en París ata este martes.