As Rías Baixas consolidáronse en 2010 como un dos dez destinos turísticos máis visitados, segundo os últimos datos do INE que se veñen de facer públicos. En total, máis de 3.114.000 pernoctacións para un total de 1.167.000 visitantes. Segundo o presidente de Turismo Rías Baixas, José Manuiel Figueroa, “as cifras confirman o traballo de promoción levado a cabo polo Padroado durante estes anos para consolidar un destino de calidade cunha oferta variada”.
Entre os sectores que se consolidan como un nicho de mercado importante está o chamado turismo de cruceiros. 2010 pechouse con 315.000 cruceiristas, chegados en 114 buques, o que supón un incremento do 11% con respecto aos 101 cruceiros do 2009. Tamén destaca o número de visitantes do museo de Santa Tegra, 252.000.
O turismo náutico nas Rías Baixas tamén se veu incrementado en máis de 18.000 turistas.