O programa musical da Festa do Queixo de Arzúa 2011, que se celebrará os vindeiros 11, 12 e 13 de marzo, inclúe as actuacións de Delinqüentes e Tomasito, Riobó e a sesión musical e conferencia interactiva do lendario locutor de Radio 3 Chema Rey DJ. Estes nomes súmanse aos de Susana Seivane ou Tote King, xa confirmados.
Ao longo da extensa traxectoria da Festa do Queixo de Arzúa, o queixo sempre estivo acompañado por unha intensa programación de actividades, entre as que destaca especialmente o programa musical do Festival do Queixo como un dos eventos de referencia do panorama estatal.
Nesta edición 2011 adiántanse os horarios de concertos da xornada do domingo para que todo o público poida gozalos desde xa as primeiras horas da tarde noite.