O Instituto de Turismo de España (Turespaña) e a Deputación de Pontevedra asinaron un convenio para levar a cabo a difusión e a implantación do sistema integral de calidade turística española en destinos (Sicted) no ámbito territorial da provincia de Pontevedra. A implantación deste sistema conferiralle un maior marchamo de calidade á provincia de Pontevedra e modernizará aínda máis o sector, segundo explica a Deputación.
O convenio estará en vigor durante os vindeiros tres anos. Unha comisión de seguemento composta por políticos, funcionarios e técnicos de Turespaña e da Deputación de Pontevedra será a encargada de velar polo cumprimento do Convenio, que conducirá a darlle aínda máis calidade ás Rías Baixas como destino turístico.