O Primeiro Tenente de Alcalde e responsable da área de Turismo, Henrique Tello, presentou na Feira Internacional de Turismo de Madrid, Fitur, a recén estrenada marca da cidade “A Coruña, gústame...” un dos obxectivos primordiais que estaban fixados no Plan Director do Consorcio de Turismo.
A nova marca supón a tarxeta de visita coa que a cidade se presentará a partir de agora tanto nos mercados nacionais como internacionais. “A Coruña, gústame...” será o pretexto co que Turismo da Coruña levará a cabo unha intensa campaña de promoción. A nova marca pretende convertirse nun referente da esencia da cidade convidando a distrutar dos principais valores da Coruña como son a gastronomía, natureza, tranquilidade e festa.