O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, e a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, presentaron na segunda xornada da Feira Internacional de Turismo, FITUR 2011, o programa “Vive Galicia 2011: paquetes turísticos”. Roberto Varela asegurou que “o programa Vive Galicia facilita a consolidación do turismo como sector clave, porque pon a disposición do consumidor turístico diferentes elementos concibidos cunha dobre finalidade: promocionar o turismo de Galicia e garantir a calidade do servizo”.
O conselleiro de Cultura e Turismo engadiu que “o espírito deste programa parte do feito de que a nosa é unha comunidade multidestino aberta 24 horas ao día os 365 días do ano, unha terra que espera recibir a cada visitante dunha forma especial e ofrecerlle o que busca”, engadiu o conselleiro. Pola súa banda, a secretaria xeral para o Turismo explicou que “tras o éxito acadado por este programa de incentivo á comercialización do destino Galicia a través das axencias galegas de viaxes durante o pasado Ano Santo 2010, Turismo renova este ano o programa cunha segunda edición na que participan un total de 37 axencias de viaxe galegas”.
A través deste programa, que estende a súa vixencia ata o vindeiro mes de marzo, poderá disfrutarse dun total de 122 paquetes de turismo experiencial –uns 50 máis que no 2010-, divididos en oito grandes áreas temáticas: Camiño de Santiago e Santuario, Turismo Náutico e Turismo Mariñeiro; Turismo Rural e Turismo Activo, Turismo de Saúde, Turismo Gastronómico e Enoturismo, Turismo de Golf, Turismo Accesible e Turismo Urbano.